Presentación do libro "Paula y su hermano"

xoves, 4 de Maio de 2023

A naronesa Marta Teijido presenta o seu libro na biblioteca

A sala multiusos da planta soto acollerá o venres 12 de maio ás 18:30 horas a presentación do libro Paula y su hermano, da naronesa Marta Teijido.

A escritora é psicopedagoga e experta en educación infantil. Leva moitos anos traballando pola mellora da calidade de vida dos nenos e nenas con discapacidade funcional e ten publicados anteriormente outros traballos como unha investigación sobre a orientación na Universidade, un libro sobre xustiza xuvenil restaurativa e diferentes artigos sobre técnicas de estudo ou intelixencia emocional.

O libro que agora nos presenta, publicado por Apuleyo Ediciones, aborda o mundo das emocións dende o interior dunha nena, Paula, que está a piques de converterse en irmá. A través dela o lector e lectora poderán identificar moitas das emocións que adoitan experimentar os nenos e nenas que viven esta situación. O libro aporta ademais algunha pista para que as familias aprendan a traballar a intelixencia emocional cos seus fillos e fillas.

O acto de presentación do libro está aberto ao público en xeral ata completar o aforo dispoñible.

 

 

Etiquetas: 
Presentacións de libros
Encontros con autores/as
Biblioespazo 2023