Presentación do Club de Lectura Fácil

martes, 27 de Setembro de 2016

Xa está fixada a data para a presentación do Club de Lectura Fácil que arrancará en outubro

O venres 30 de setembro ás 10:30 da mañá terá lugar a presentación do Club de Lectura Fácil.

Esta primeira xuntanza está aberta a todas aquelas persoas que estean interesadas en participar no club. Nesta sesión formaranse os diferentes grupos de participantes e estableceranse as datas de inicio de cada un deles.

Se aínda non te inscribiches na actividade podes acudir á xuntanza e consultar todas as dúbidas con respecto ao club. Poderás decidir despois se seguir adiante ou non, sen ningún compromiso.

Para máis información preme aquí.

 

 

Etiquetas: 
Lectura Fácil
Club de lectura