Presentación de Verso plural CANCELADA!!

martes, 10 de Marzo de 2020

ACTIVIDADE CANCELADA POR MOR DO PECHE DA BIBLIOTECA

Informaremos sobre a nova data

O vindeiro martes 17 de marzo ás 19:45 h a biblioteca acolle na planta baixa (sección xuvenil e adultos) a presentación do poemario de José Luis Graña Verso plural.

Graña ten publicadas as seguintes obras:

  • Cerdido: lingua e outras realidades, monográfico sobre o seu concello natal.
  • Converxencia na cor vermella, novela centrada nos efectos socio-económicos da chamada reconversión naval nas décadas dos 80 e dos 90 do século XX na zona de Ferrolterra.
  • Itinerario do botellón, peza teatral que, enfeitada de humor,  invita á reflexión sobre este grave problema social.
  • A vida é dura antes dos 18, colección de narracións breves nas que demostra unha especial empatía co mundo adolescente.
  • É ademáis autor da adaptación teatral de Mar adiante, obra narrativa de María Victoria Moreno.

Verso plural, o libro que ven presentarnos, é un poemario ben diverso en temas e estilos axeitado para lectores/as de todas as idades.

Neste acto, Graña estará acompañado por Verónica Fachal, que fará un breve recital da obra.

Fachal é graduada en Belas Artes, mestra en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional. Como pintora expuxo a súa obra no Ateneo Ferrolán, no Pazo da Cultura de Narón, na Pobra do Caramiñal e no Pazo da Cultura de Pontevedra. Forma parte do proxecto integrador Afouzarte, con Aida López e Samuel González e cultiva outras ramas artísticas, como a música, formando parte do grupo de folk-fussion ChiculaTe, de Ferrol, desde 2016.

 

 

 

Etiquetas: 
Poesía
Presentacións
Libros
Biblioespazo 2020