Presentación de Machismos, de micro nada

venres, 3 de Marzo de 2017

Xoves 9 de marzo ás 19:00 horas.

O noso concello conmemora con varios actos o Día internacional das mulleres (consulta aquí o programa) e un deles terá lugar na biblioteca.

O xoves 9 de marzo ás 19:00 horas a sala multiusos da segunda planta acollerá a presentación do libro Machismos, de micro nada, de Fiadeiras, o grupo de traballo de educadoras e educadores sociais de GaliciaEsta publicación é o resultado dun proxecto de denuncia e visibilización da violencia que as mulleres e nenas sofren a cotío e que moitas veces pasa desapercibida: os denominados micromachismos. O libro recolle experiencias reais sobre manifestacións deste tipo de violencia.

Teremos a sorte de contar cunha das responsables da publicación, que ademáis de contarnos como xurdiu a idea do libro, responderá a todas as dúbidas que o público poida plantexar e orientará a todas aquelas persoas que traballan con nenos, nenas, mozos e mozas sobre as pautas para a utilización da obra nas aulas.

A presentación/faladoiro está aberta ao público en xeral, e é tamén especialmente recomendable para a mocidade. A entrada será libre e de balde ata completar aforo.

 

Etiquetas: 
feminismo
Día internacional das mulleres
Presentacións
Biblioespazo 2017