Presentación da nova web da biblioteca

venres, 27 de Febreiro de 2015
A Concelleira de Ensino e Bibliotecas, María del Carmen Espada Cortizas, e a Encargada da Biblioteca, Ainhoa González Rodríguez, na presentación da web á prensa

O venres 27 de febreiro foi presentada publicamente a nova web da Biblioteca Pública Municipal de Narón

Tras moitos traballos de deseño, configuración e revisión, o venres 27 de febreiro presentamos ao público a nova páxina web da biblioteca, esta na que te atopas neste momento. A través dela tentaremos mantervos informados/as de todas as novas, eventos, actividades ou servizos que a biblioteca ofrece á cidadanía.

Esperamos que sexa do voso agrado e, sobre todo, que serva a partires de agora como unha importante ferramenta de comunicación entre o servizo e as persoas usuarias. Asimesmo, estaremos encantadas de recibir toda canta aportación, queixa ou suxerencia nos poda servir para mellorar na calidade dos servizos que dende aquí se vos ofrecen.

En breve estará operativa tamén a páxina de Facebook para que podades recibir calquera actualización desta web directamente nos vosos muros.

Etiquetas: 
Web
Presentacións
Prensa
Biblioteca de Narón