Príncipas e princesos

luns, 24 de Novembro de 2014

Este sábado 29 de novembro de 11:00 a 12:00 visitaranos Pablísimo Contacontos co seu espectáculo Príncipas e Princesos.

Príncipas e Princesos é unha divertida reflexión sobre a igualdade a través de contos nos que as princesas son as que loitan cos dragóns mentres os príncipes fan as tarefas domésticas. Está orientado a nenos e nenas a partir de 4 anos.

Reserva a túa praza a partir do luns 24 de novembro ás 16:00 horas. Podes facelo no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173.

Ademáis, dende mañá, 25 de novembro, ata o venres 5 de decembro teremos exposta unha selección de contos sobre a igualdade e a corresponsabilidade. Podes consultar o boletín cunha pequena selección premendo aqui. Na biblioteca agárdante moitos contos máis.

Xa podes ver as fotos desta actividade premendo aqui.