Préstamos sorpresa!!!

xoves, 12 de Decembro de 2013

Para este Nadal temos unha sorpresiña moi interesante para todos os usuarios e usuarias da sección infantil e xuvenil. Que tal se vos deixades aconsellar polas bibliotecarias para levar o préstamo á casa?

Esta é unha actividade só para nenos e nenas valentes aos que non lles asusten os novos retos.

Na biblioteca temos preparados 120 pequenos lotes, cada un del con varios libros ou libros e CDs, libros e DVDs… clasificados por idades.

 

En que vai consistir a actividade?

Cada vez que veñas á biblioteca para levar libros á casa poderás elexir a cegas un número de lote, do que descoñeces o contido. O reto é que non abras a bolsa ata chegar á túa casa. Dentro atoparás unha serie de contos, libros didácticos, películas, músicas.. (o contido varía en cada lote) seleccionados polo persoal da biblioteca.

Xa sabemos que nalgúns casos pode que o que seleccionamos non coincida moito cos teus gustos, pero tan só pedimos que fagas un pequeno esforzo para abrir a túa mente a novas experiencias e temáticas que ao mellor ata o de agora nunca exploraches.

Dentro de cada bolsa vai ademáis unha pequena ficha dos materiais que contén. Podes empregar esa mesma folla pola parte de atrás para contarnos se o que atopaches dentro da bolsa che gustou.