Os recunchos do Nadal

sábado, 6 de Decembro de 2014

Un ano máis, dende a biblioteca queremos celebrar o Nadal cos nenos e nenas. Para iso temos preparada unha sesión "multitarefa" á que chamamos Os recunchos do Nadal.

Nela os/as peques pasarán por tres recunchos diferentes:

  • O recuncho do conto (Historia do Nadal)
  • O recuncho do crebacabezas (con motivos navideños).
  • O recuncho do obradoiro (montaremos pequenas árbores de Nadal coas súas estrelas).

Cando?
O sábado 20 de decembro de 11:00 a 12:00

Para quen?
Para nenos e nenas entre 4 e 8 anos.

Podedes reservar as prazas a partir do luns 15 ás 16:00 horas, no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173.

AS PRAZAS PARA ESTA ACTIVIDADE ESGOTÁRONSE O MARTES 16 ÁS 13:45