Os contos da nosa vida

martes, 22 de Marzo de 2016

Libros da literatura infantil e xuvenil escollidos polos usuarios e usuarias da nosa biblioteca

En moitas das fichas de préstamo dos nosos nenos e nenas figura repetidamente un mesmo número de rexistro de libro. Case todos/as teñen un conto favorito que nunca se cansan de escoitar, para moitos e moitas existe un conto especial do que se saben todo o texto; aquel que os entusiasmou tanto que sempre vai quedar na súa memoria.

As persoas adultas tamén sabemos moito diso. Quen non lembra un conto que marcou a súa infancia? aquel contiño que nos contaban con tanta paciencia unha e mil veces ou aquel outro que descubrimos da man dun amigo e que sempre nos lembrará a el.

Para celebrar o Día internacional do libro infantil e xuvenil queremos que grandes en pequenos/as nos faledes deses libros que marcaron a vosa nenez. Podedes pedir na biblioteca a plantilla que teredes que cubrir ou ben descargala de aquí.

Ata o sábado 2 de abril recolleremos todas as plantillas e comezaremos a dar forma a un catálogo feito entre todos e todas vós, unha selección dos contos máis especiais para os usuarios/as máis especiais. O catálogo estará sempre dispoñible na biblioteca e en liña.

 

Etiquetas: 
Contos
Literatura infantil e xuvenil
Seleccións
Recomendacións
Biblioespazo 2016