Obradoiro de nutrición

sábado, 26 de Xullo de 2014

Rapaces/as, a partir do luns 4 de agosto e ata o xoves da mesma semana ofrecémosvos un interesante e divertido obradoiro de educación alimentaria. Se tes 3 anos ou máis, pídelle a papá ou a mamá que che reserve unha das prazas que ofertamos.

Pasarémolo en grande realizando experimentos que teñen que ver coa hixiene das mans, dos dentes ou dos utensilios de cociña. Ademáis manipularemos froitas, verduras, cereais... para aprender a elaborar por nós mesmos un almorzo equilibrado e saboroso.

As reservas pódense facer a partir do martes 29 de xullo ás 10:00 da mañá, chamando ao 981 382 173 ou na propia biblioteca. Terán absoluta prioridade os nenos e nenas que non tivesen participado no mesmo obradoiro que tivo lugar do 21 ao 24 de xullo na Ludoteca Municipal. 

Xa podes ver as fotos deste obradoiro premendo aquí.