Obradoiro de alimentación complementaria

venres, 28 de Novembro de 2014

A biblioteca convida aos papás e mamás de bebés ata 36 meses, así como ás persoas esperando un fillo/a a participar no Obradoiro de alimentación complementaria que se vai desenvolver os días 9, 10 e 11 de decembro de 18:00 a 20:00 horas.

A partir dos seis meses os bebés toman contacto con alimentos diferentes ao leite materno e experimentan novos sabores e texturas. 

Falaremos de cales son os alimentos máis adecuados ao principio e de como introducilos, así como dos hábitos alimentarios que debemos fomentar nos nenos/as. Tamén adicaremos unha sesión á información ao consumidor que ofrecen as etiquetas, aprendendo o significado da información nutricional para poder escoller os produtos máis saudables para toda a familia.

Os contidos do obradoiro repartiranse da seguinte maneira:
Martes 9:

  • Lactancia materna. Recomendacións da OMS
  • Que é a alimentación complementaria. Por que, como e cando introducila.
  • Necesidades nutricionais do bebé. Grupos de alimentos: froitas, verduras, cereais, carnes, peixes, ovos, legumes, lácteos, auga.
  • Alimentos non recomendables.

Mércores 10:

  • Triturado ou enteiro? Purés ou “Baby led waning”. Vantaxas.
  • Preparación e almacenamento seguro dos alimentos. Pautas hixiénicas.
  • Hábitos alimentarios saudables. Erros comúns.

Xoves 11:

  • Etiquedado de alimentos. Pautas xerais.
  • Que significa a información nutricional. Aprender a elexir produtos saudables a partir das etiquetas.
  • Comparación de etiquetas de produtos infantís. Exemplos reais.

As prazas para este obradoiro son limitadas. Podedes facer a reserva a partir do luns 1 de decembro ás 16:00 horas, na propia biblioteca ou chamando ao 981 382 173.

Etiquetas: 
Alimentación
Bebés
Biblioespazo 2014
Lactancia
Nutrición
Obradoiros