O Apalpador visita a biblioteca!

martes, 18 de Decembro de 2012

Ola rapaces e rapazas,

Sabedes quen é o Apalpador?

Trátase dun personaxe da tradición galega propio destas datas. É un carboeiro que visitas os fogares na Noiteboa para comprobar que os bandullos dos máis pequechos están cheos e que se alimentan ben.

Se queredes coñecer en persoa ao Apalpador e escoitar todas as historias que ten que contar, vide á biblioteca o sábado 15 de decembro ás 11:00 da mañá.

Aquí vos deixo un enlace a un vídeo que fixeron no CEIP de Coirón-Dena (Pontevedra) para que coñezades mellor ao Apalpador.