Nova política de préstamo

venres, 18 de Agosto de 2017

Incorporación da biblioteca á rede de centros que comparten un carné único (III)

A integración da Biblioteca de Narón á rede de centros que comparten un carné único está á volta da esquina. Para que teñades xa presente a nova política de préstamos deixámosvos aquí as súas características máis salientables:

 
Os préstamos:

O número de materais e os prazos establecidos para os préstamos a domicilio van depender:

  • Do tipo de usuario/a (Adulto, Infantil, Entidade…)
  • Do tipo de exemplar (monografía, audiovisual, documento sonoro…)
  • Da política á que se adscribe a biblioteca na que o usuario ou usuaria realiza o préstamo. A Biblioteca Pública Municipal de Narón adscríbese á “Política C”.

Materiais e prazos establecidos para a “Política C”:

Con todo, cada persoa poderá retirar en préstamo un máximo de 20 documentos en toda a rede.

Para efectuar o préstamo será imprescindible a presentación do carné da rede de bibliotecas. O seu emprego é de carácter persoal e intransferible.

 

As renovacións dos préstamos:

A renovación dun material prestado pode realizarse 5 días dende a formalización do préstamo ata o día da súa caducidade. O número máximo de renovacións será de 1 (21 días máis para os libros e 7 días máis para o resto de documentos).

Poderedes facer as renovacións no mostrador da biblioteca, chamando por teléfono en horario de apertura ou as 24 horas do día a través de Internet (no seu momento informaremos sobre esta opción).

Se o documento cuxo prazo se solicita renovar está reservado por outra persoa, a renovación do préstamo non se poderá realizar de ningunha das maneiras.

 

As reservas:

Cada usuario ou usuaria poderá ter un máximo de 6 documentos reservados en toda a rede (poden ser os seis na mesma biblioteca ou en varias). As reservas ó se poden efectuar sobre os documentos que se atopan prestados.

O número máximo de reservas por cada tipo de material será de:

  • 3  libros.
  • 3 revistas.
  • 2 audiovisuais.
  •  2 documentos sonoros.
  • 2 arquivos de ordenador (documentos electrónicos).
  • 1 lector de libros electrónicos (de momento a nosa biblioteca non dispón desta posibilidade).

 

As sancións:

Cando os documentos sexan devoltos con retraso, o sistema establecerá unha sanción que se traducirá nun día de suspensión por cada día de atraso e documento, ata un máximo de 90 días de suspensión.

Esta sanción terá efectos en todas as bibliotecas que integran a rede e implica que a persoa sancionada non poderá:

  • Retirar materiais en préstamo.
  • Renovar.
  • Reservar.

 

Resumindo:
  • Co carné dunha das bibliotecas da rede poderase acceder aos servizos do resto de bibliotecas integradas sen necesidade de darse de alta en cada unha delas.
  • A presentación do carné de usuario/a será imprescindible para poder retirar documentos en préstamo.
  • O sistema permitirá ter en préstamo un maior número de libros que ata o de agora e por un prazo máis amplo (21 días en lugar de 15). Para o resto dos documentos o prazo establécese en 7 días.
  • As renovacións poderán facerse de maneira presencial, por teléfono ou a través de internet. Só se poderá facer unha renovación (por outro prazo similar) sempre e cando o documento non estea reservado por outra persoa.
  • Os retrasos nas devolucións suporán unha aplicación directa de sanción, que será dun día por cada día de retraso e documento e se aplicará na totalidade da rede.

 

 

 

Etiquetas: 
Préstamos
KOHA
Rede de bibliotecas
Sancións
Reservas
Renovacións