Nova colección de Audiolibros

mércores, 7 de Agosto de 2013

A partir de agora ofrecemos aos usuarios un novo método de “lectura”; os audiolibros.

Os audiolibros son gravacións sonoras do contido textual dos libros lido en voz alta, é dicir, son libros falados. A súa principal vantaxe é que podemos simultanear esta “lectura” coa realización doutras actividades como camiñar, conducir, facer limpeza, facer exercicio ou simplemente estar tumbados cos ollos pechados.

Se che falta tempo para ler, se tes dificultades visuais ou se pasas moito tempo viaxando, os audiolibros poden ser unha moi boa alternativa para non perder o hábito de lectura (ou incluso iniciarte nel).

Iniciamos a colección con grandes clásicos da literatura universal:

  • Tres muertes, de León Tolstoi.
  • Canción de Navidad, de Charles Dickens.
  • Oliver Twist, de Charles Dickens.
  • La metamorfosis, de Franz Kafka.
  • Los crímenes de la calle Morgue, de Edgar Allan Poe.

Ademáis podes atopar outros audiolibros que veñen como acompañamento da obra en papel. Temos sobre todo de literatura xuvenil en inglés e de contos infantís (en inglés, galego e castelán). Pregunta ao persoal da biblioteca.