A nosa Rosalía (Contacontos e obradoiro)

mércores, 26 de Febreiro de 2014

O sábado 8 de marzo, Día da muller traballadora, homenaxeamos a unha das mulleres máis importantes da nosa terra: Rosalía de Castro.

Adicarémoslle a Rosalía unha sesión de contacontos, obradoiro e cantigas orientada a nenos e nenas entre 4 e 7 anos. Será, coma sempre, de 11:00 a 12:00 da mañá.

Podes reservar a túa praza a partir do luns 3 de marzo ás 16:00 horas.

Xa podes ver as fotos aquí.

 

Ilustración de Marina Seoane 
para o libro "Rosalía pequeniña"