Nadal na Ludoteca

mércores, 14 de Decembro de 2016

Programación de actividades na Ludoteca municipal

Como ben sabedes, a rede de bibliotecas públicas de Narón conta con tres centros:

  • Biblioteca central do Alto.
  • Axencia de lectura municipal da Gándara.
  • Axencia de lectura municipal da Solaina. Neste caso o servizo préstase no mesmo espazo da Ludoteca municipal e só para nenos e nenas ata 12 anos.

O carné de usuario/a é único para os tres puntos de servizo, así que todos os nenos e nenas con carné da Biblioteca do Alto poden facer uso tamén das axencias de lectura. Na Solaina, o servizo de préstamo concéntrase só durante a última hora de apertura.

Para este Nadal, a ludoteca ten programadas unha morea de actividades:

DATA

HORA

IDADES

ACTIVIDADE

Venres 16

16:30 a 19:00

4 a 12 anos

Obradoiro de malabares.

Con inscrición previa

Xoves 22

 

6 a 12 anos

Obradoiro de elaboración de centros de mesa con materiais da natureza

Luns 26

 

3 a 12 anos

Nenos/as de 2 anos acompañados/as dunha persoa adulta

Obradoiro de maquillaxes e disfraces para empregar na festa do día 27

Martes 27

 

3 a 12 anos

Gran festa con karaoke

Mércores 28

 

3 a 12 anos

Nenos/as de 2 anos acompañados/as dunha persoa adulta

Xogos cooperativos

Campionato de parchís

Xoves 29

11:00 a 13:00

4 a 12 anos

Obradoiro de maxia

Con inscrición previa

Venres 30

 

3 a 12 anos

Nenos/as de 2 anos acompañados/as dunha persoa adulta

Búsqueda do tesouro con agasallos para todos e todas.

Baile de fin de ano.

As actividades para as que non se especifica hora desenvólvense durante todo o horario de apertura

Se queredes que os vosos fillos e fillas participen desta programación, chamade ao 981389284 en horario de apertura:

  • Ata o 21 de decembro de 16:00 a 20:00 horas.
  • A partir do 22 de decembro de 10:00 a 14:00 horas.

 

 

Etiquetas: 
Ludoteca municipal
Nadal