Lemos xuntos/as "O homiño vestido de gris"

luns, 3 de Novembro de 2014

Entre as novidades infantís deste trimestre destacamos este libro que recolle oito relatos poéticos de Fernando Alonso (que ademáis do piloto de Fórmula 1 é o nome dun escritor) e leva por título O homiño vestido de gris e outros contos

A editorial Kalandraka edita por primeira vez en galego esta obra publicada en 1978. Dende entón, o libro recibiu recoñecementos tan importantes como: 

  • O Premio Lazarillo 1977. 
  • Libro de interés infantil do Ministerio de Cultura 1978. 
  • Lista de honra IBBY 1980. 
  • Unha das cen mellores obras de literatura infantil e xuvenil do século XX (Pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez). 

Agora temos a oportunidade de ler o primeiro conto, pinchando aquí abaixo:

 

De seguro quedaches con gana de ler os outros sete, a que si? Telos dispoñibles na biblioteca, así como outras obras do mesmo autor.