IV Feira-mostra do libro usado e de segunda man

mércores, 30 de Marzo de 2016

Este mes celebramos a cuarta edición da Feira-mostra do libro usado e de segunda man; unha oportunidade para que os nosos usuarios e usuarias vendan ou troquen os libros das súas bibliotecas persoais.

Comezan os preparativos da nosa Feira-Mostra do libro usado e de segunda man, que neste ano celebra xa a súa cuarta edición.

Ao igual que nos pasados anos, enmarcamos esta actividade en abril, mes do libro, concretamente entre o luns 18 e o venres 22 (ambos incluídos) de 17:00 a 20:00 horas.

Se tes un lote de libros que xa non che fai falta, a biblioteca ofréceche a oportunidade de vendelos ou trocalos, para o que che asignará un posto de venda e troco na planta baixa do edificio. Só haberá dez postos, así que as persoas interesadas deberedes:

  • Solicitar a participación na actividade mediante a presentación dunha instancia no Rexistro Xeral do concello a partir do sábado 2 de abril. Os postos outorgaranzse por rigorosa orde de entrada das instancias no rexistro.
  • Expoñer un mínimo de 25 exemplares cada día.
  • Cumprir os horarios establecidos para a actividade.
  • Facilitar ao final de cada xornada os datos de vendas e trocos para elaborar a estatística.

Para participar como expositor/a é necesario estar dado/a de alta como usuario/a da biblioteca e coas cotas actualizadas o día de apertura do prazo de solicitude. Deberán absterse de participar aquelas persoas relacionadas co sector editorial, distribuidor ou libreiro, así como da actividade económica de mercado de compravenda.

Anímate a participar!

Para máis información diríxete ao mostrador da biblioteca, chama ao 981 382 173 ou escribe a biblioteca.central@naron.es

                         Imaxe da pasada edición da feira

Etiquetas: 
Feira-mostra
Biblioespazo 2016
Troco
Venda