Galegos en Mauthausen

martes, 23 de Xaneiro de 2018

Exposición fotográfica da Asociación cultural Memoria Histórica Democrática

A sala de exposicións (planta sótano) da biblioteca acollerá entre o luns 29 de xaneiro e o sábado 10 de febreiro a exposición fotográfica Galegos en Mauthausen, da Asociación cultural Memoria Histórica Democrática.

A mostra está composta por 40 fotografías que amosan as condicións de vida no campo de concentración, así coma documentación (cartas, fotografías…) dalgúns españois e españolas presos/as.

 

A exposición pode visitarse no seguinte horario:

  • De luns a venres de 17:00 a 20:00 horas.
  • Sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Ademáis, o luns 29 de xaneiro, data da inauguración da exposición, haberá unha visita guiada aberta ao público en xeral a cargo do historiador Enrique Barrera Beitia, membro da directiva da asociación Memoria Histórica Democrática. Será ás 19:00 horas e non é necesaria inscrición.

 

 

 

Etiquetas: 
Exposicións
Fotografías
Mauthausen
Asociación Memoria Histórica Democrática