Blog corporativo

  • 06/12/2014
    |
    Infantil
    |
    0 comentarios

    Un ano máis, dende a biblioteca queremos celebrar o Nadal cos nenos e nenas. Para iso temos preparada unha sesión "multitarefa" á que chamamos Os recunchos do Nadal.

  • 01/12/2014
    |
    Infantil
    |
    0 comentarios

    Este sábado 13 de decembro visítanos Charo Pita para ofrecer aos bebés entre 0 e 36 meses o seu espectáculo Bicos con leite, unha sesión de contos, cancións e sons onde os protagonistas son os animais e no que se introduce o tema da lactancia materna.

  • 28/11/2014
    |
    Adultos
    |
    0 comentarios

    A biblioteca convida aos papás e mamás de bebés ata 36 meses, así como ás persoas esperando un fillo/a a participar no Obradoiro de alimentación complementaria que se vai desenvolver os días 9, 10 e 11 de decembro de 18:00 a 20:00 horas.

  • 24/11/2014
    |
    Infantil
    |
    0 comentarios

    Este sábado 29 de novembro de 11:00 a 12:00 visitaranos Pablísimo Contacontos co seu espectáculo Príncipas e Princesos.

  • 24/11/2014
    |
    Infantil
    |
    0 comentarios

    Dende mañá, 25 de novembro (Día Internacional contra a violencia de xénero), ata o 5 de decembro atoparedes na biblioteca unha selección de contos infantís que transmiten valores de respecto e igualdade entre homes e mulleres.

  • 20/11/2014
    |
    Adultos
    |
    0 comentarios

    Como vos comentabamos o mes pasado, os usuarios/as das bibliotecas públicas de Galicia tedes un novo servizo á vosa disposición: O PRÉSTAMO DE LIBROS ELECTRÓNICOS.

  • 15/11/2014
    |
    Infantil
    |
    0 comentarios

    Todos os anos o noso concello celebra o seu gran día o 23 de novembro pois foi precisamente nesa data en 1837 cando apareceu o nome de Narón por primeira vez nun acta oficial.

  • 12/11/2014
    |
    Adultos
    |
    0 comentarios
    Xa tedes dispoñible o boletín que recolle as últimas incorporacións ao fondo de adultos durante os meses de setembro e outubro de 2014.​
  • 05/11/2014
    |
    Infantil
    |
    0 comentarios

    A compañía Avoa Youja tráenos este sábado 15 de novembro o seu espectáculo Soñei que era unha árbore, un contacontos para bebés entre 0 e 36 meses.

  • 03/11/2014
    |
    Infantil
    |
    0 comentarios

    Entre as novidades infantís deste trimestre destacamos este libro que recolle oito relatos poéticos de Fernando Alonso (que ademáis do piloto de Fórmula 1 é o nome dun escritor) e leva por título O homiño vestido de gris e outros contos

Páxinas