Exposición fotográfica

martes, 12 de Setembro de 2017

Amar a mares, a terceira mostra da Sección de fotografía do Grupo Bazán, na biblioteca do 15 de setembro ao 14 de outubro.

A sección de fotografía do Grupo Bazán.

A Sección de Fotografía do Grupo Bazán formouse no ano 1994 por iniciativa de Francisco M. Costoya, que reuniu un grupo de persoas con interese por esta arte e moita ilusión por ampliar coñecementos. A súa formación comezou cun curso de iniciación a cargo do fotógrafo Manolo Campoy.

Tras a celebración deste primeiro curso, unha ducia de participantes decidiu reunirse todos os venres para seguir compartindo os seus avances na fotografía. O número de membros foi medrando ao longo dos anos, sobre todo dende a aparición das cámaras dixitais, ata chegar a ser hoxe en día cincuenta e nove.

O grupo foi desenvolvendo durante todo este tempo diferentes cursos, tanto a nivel de iniciación coma avanzado, de photoshop, lightroom, fotografía para nenos, retrato e outros.

A súa actividade vese reflexada na súa web e na súa páxina de Facebook

A exposición Amar a mares na biblioteca

Amar a mares é a terceira colección do grupo, tras O Courel e Objetivo Ferrol 2.0. Foi presentada no Centro cultural Torrente Ballester de Ferrol e antes de chegar á nosa biblioteca pasou polo Concello de San Sadurniño e pola oficina de turismo de Cedeira.

A mostra está composta por 46 fotografías en cor e branco e negro na que as 23 persoas participantes amosan, cada unha co seu propio estilo, a súa visión persoal sobre o mar.

A exposición poderá visitarse dende o venres 15 de setembro ata o sábado 14 de outubro na sala de exposicións da planta sótano no seguinte horario:

  • De luns a venres: de 17:00 a 20:00 horas.
  • Sábados: de 10:00 a 13:00 horas.

 

 

Etiquetas: 
Exposicións
Fotografía
Grupo Bazán