Exposición de pintura de Manuel Rodríguez Beceiro

martes, 4 de Abril de 2023

Manuel Rodríguez Beceiro expón unha mostra de trinta obras pictóricas.

A sala de exposicións da planta soto acollerá do luns 10 ao sábado 29 de abril unha exposición de pinturas do veciño de Narón Manuel Rodríguez Beceiro.

Manuel Rodríguez iniciouse na pintura en 2003 na Casa das Palmeiras en Neda, onde recibiu formación e participou nunha exposición conxunta de obras paisaxísticas.

A súa inquedanza artística levouno a formarse máis tarde na disciplina de pirograbado, pero o artista recoñece que a súa técnica é principalmente autodidacta.

Na exposición que este mes nos ofrece poderemos contemplar unha mostra de trinta das súas pezas en diferentes técnicas e estilos.

O horario de visitas da exposición será:

  • Luns a venres de 17:00 a 20:00 horas.
  • Sábados de 10:00 a 13:00 horas.

 

Etiquetas: 
Exposicións
Pintura
Biblioespazo 2023