Exposición artística

luns, 4 de Decembro de 2017

A Asociación artístico-cultural Mesturas expón unha mostra da súa obra na biblioteca

A sala de exposicións da planta sótano da biblioteca acollerá entre o sábado 16 e o sábado 30 de decembro a exposición coa que a Asociación artístico-cultural Mesturas quere dar a coñecer a obra dos e das artistas que a compoñen.

A asociación naceu en Narón no ano 2012 como punto de encontro entre artistas e persoas afeccionadas ás artes, un lugar común onde dar a coñecer e compartir a oferta artística e cultural de Narón e a súa contorna.

 

Segundo as palabras de María del Carmen Sendón, a presidenta da asociación, Mesturas “quere dar cabida a todas as persoas que dalgun xeito se sintan vinculadas coas artes, tanto os propios artistas (consagrados ou iniciando a súa actividade) coma aos espectadores que gozan coa súa obra”.

A asociación oferta un amplio abanico de actividades formativas, divulgativas e de lecer. Para coñecelas podedes poñervos en contacto a través de:

Correo electrónico: artemesturas@gmail.com

Teléfono: 653526167 (presidenta), 610296235 (secretaria).

 

Mesturas invita a toda a veciñanza a asistir á inauguración da exposición o sábado 16 de decembro ás 11:30 da mañá.

A exposición poderá visitarse na biblioteca no seguinte horario:

  • Do 16 ao 23 de decembro:

De luns a venres de 17:00 a 20:00

Sábados de 10:00 a 13:00

  • Do 26 ao 30 de decembro:

De luns a venres de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00

Sábados de 10:00 a 13:00

Etiquetas: 
Exposicións
Arte
Pintura
Mesturas