Descubrir Narón

sábado, 15 de Novembro de 2014

Todos os anos o noso concello celebra o seu gran día o 23 de novembro pois foi precisamente nesa data en 1837 cando apareceu o nome de Narón por primeira vez nun acta oficial.

Na biblioteca queremos celebrar este acontecemento cunha gran ximcana sobre Narón porque seguro que hai moitas curiosidades que aínda non coñecedes. Para descubrilas teremos que percorrer toda a biblioteca na búsqueda das pistas agochadas.

Aínda que o xogo se realizará por equipos, non haberá vencedores/as nin vencidos/as e todos/as levaredes, ademáis da moita información aprendida, un agasallo de recordo.

Cando?
O sábado 22 de novembro de 11:00 a 12:00

Quen?
Nenos e nenas entre 5 e 10 anos

Podes reservar a túa praza a partir do luns 17 de novembro ás 16:00 horas, tanto no mostrador da biblioteca como chamando ao 981 382 173.

Xa podes ver as fotos desta actividade premendo aquí.