Día Mundial Sen Tabaco

luns, 31 de Maio de 2010

31 de maio de 2010

O 31 de maio de cada ano a OMS celebra o Día Mundial sen Tabaco, cuxos obxectivos consisten en sinalar os riscos que supón o consumo de tabaco para a saúde e fomentar as políticas eficaces de redución deste consumo. O consumo de tabaco é a segunda causa mundial de morte, tras a hipertensión, e é o responsable da morte dun de cada dez adultos.

O tema do Día Mundial sen Tabaco 2010 é “O xénero e o tabaco” facendo especial fincapé na mercadotecnia dirixida ás mulleres. A OMS utilizará este día para chamar a atención cara aos efectos nocivos da mercadotecnia e do consumo de tabaco nas mulleres e nas nenas.

A Asemblea Mundial da Saúde instituiu o Día Mundial sen Tabaco en 1987 para chamar a atención sobre a epidemia de tabaquismo e os seus efectos letais. Para loitar contra os efectos do consumo de tabaco e da exposición ao fume do tabaco, a OMS impulsa o Convenio Marco para o Control do Tabaco, que recolle medidas dirixidas a controlar e epidemia de tabaquismo, entre elas a creación de espazos totalmente libres de fume de tabaco en lugares públicos e lugares de traballo.

BIBLIOGRAFÍA NA BIBLIOTECA DE NARÓN:

  • ALEGRÍA EZQUERRA, Eduardo. Tabaquismo y enfermedad. León, Everest, 2002.
  • BECOÑA IGLESIAS, Elisardo. Programa para dejar de fumar. Vigo, Nova Galicia, 2007.
  • BECOÑA IGLESIAS, Elisardo. Tabaco / Elisardo Becoña Iglesias. Vigo, Nova Galicia, 2005.
  • BURTON, Dee e WOHL, Gary. La alegríaa de dejar el tabaco : cómo los jóvenes pueden hacerlo y les gustará hacerlo. Madrid, Edaf, 1981.
  • CARR, Allen. Es fácil dejar de fumar, si sabes cómo. Madrid, Espasa, 2000.
  • COGOTA MATEU, Lluís. Adicciones, ¿hablamos?. Barcelona, Parramón, 2008.
  • El consumo de alcohol y otras drogas en el colectivo femenino. Madrid, Instituto de la Mujer, 2000.
  • DOMÍNGUEZ JUNCAL, Luís. Tabaquismo : Epidemia do século XX. Santiago de Compostela, Laiovento, 2007.
  • HEITZ, Bruno. Papá ha dejado de fumar. Barcelona, Juventud, 1995.
  • HOB. Supérate : guía para superar las adicciones. Madrid, Neo Person, 2006.
  • LAGRUE, Gilbert. Dejar de fumar. Madrid, Alianza Editorial, 1999.
  • LLANOS COMPANY, M. El mundo del tabaco. Madrid, Alhambra, 1985.
  • RIBEIRO, Lair. Fumar o no fumar : la decisión es tuya. Barcelona, Urano, 2002.
  • RIBOLDI, Franco. Stop a la adicción al tabaco : una guía para dejar de fumar. Barcelona, De Vecchi, 2008.