Día de Rosalía 2018

venres, 16 de Febreiro de 2018

Coñece os diferentes actos cos que o Concello e a Biblioteca celebramos o Día de Rosalía

Coincidindo coa data de nacemento da poeta, cada ano celebramos en Galicia o Día de Rosalía o 24 de febreiro.

Narón únese aos concellos que conmemoran oficialmente esta data, desenvolvendo unha serie de actos de homenaxe:

Dende o luns 5 de febreiro e ata o luns 5 de marzo o Pazo da Cultura acolle a exposición Airiños aires, Rosalía, do fotógrafo Xurxo Lobato. A mostra pode visitarse de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

 
Na biblioteca conmemoramos esta data:
  • Cunha exposición bibliográfica da obra de Rosalía de Castro. Estará dispoñible na sala de adultos/as e na sala infantil dende o luns 19 ao sábado 24 de febreiro.
  • Cun contacontos infantil o sábado 24 ás 11:00 da mañá. Máis información neste enlace (O lucecú que coñeceu Rosalía).
  • Coa lectura pública da obra de Rosalía, o sábado 24 de febreiro ás 12:00 na planta baixa da sala de adultos/as. A poeta naronesa Ana Belén Varela lerá o manifesto que a Asociación de escritores e escritoras en lingua galega elaborou para esta data. A continuación todas as persoas que o desexen lerán un poema ou fragmento da obra de Rosalía.

Ademáis, na biblioteca agasallaremos cunha flor a todas as persoas que leven en préstamo un libro en galego o venres 23 e o sábado 24.

 

 

 

Etiquetas: 
Día de Rosalía
Rosalía de Castro
Exposicións bibliográficas
Seleccións
lectura pública
Contacontos
Biblioespazo 2018