Contos para a volta ao cole

sábado, 6 de Setembro de 2014

Que tal, rapaces e rapazas?

Comeza un novo curso escolar e con el retomamos as nosas actividades de animación á lectura. 

A primeira delas terá lugar o sábado 20 de setembro e leva por título "Contos para a volta ao cole", unha sesión de contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos.

Se queredes pegar un divertido repaso ás vosas asignaturas da man do noso amigo Caxoto Contacontos lembrade reservar praza a partir do luns 15 ás 16:00 da tarde (podedes facelo na propia biblioteca ou chamando ao 981 382 173).

Agardámosvos!

Aquí podes ver as fotos de Contos para subirse ao escenario, a última sesión na que contamos con Caxoto na nosa biblioteca.

Xa dispoñibles as fotos de Contos para a volta ao cole, premendo aquí.

Ademáis tedes na biblioteca unha selección de contos para estes días. Podedes visitala na sección infantil: