Contos para todas as mamás

xoves, 25 de Abril de 2013

O primeiro domingo de maio (este ano cadra día 5) celebramos  o Día da nai.

Un bo regalo para facerlle a mamá é compartir con ela un rato de lectura. Na biblioteca queremos botarte unha man na escolla do mellor conto e por iso preparamos unha selección dos máis representativos.

Temos contos para nais aventureiras, para nais enfurruñadas, para nais embarazadas, para nais soñadoras… como é a túa?