Contos para subirse ao escenario

xoves, 20 de Marzo de 2014

O 27 de marzo conmemórase o Día Mundial do Teatro. Na biblioteca celebramos esta data cunha sesión de contacontos que leva por título “Contos para subirse ao escenario”, na que teremos a ocasión de ser os propios protagonistas. Atréveste?

Será o sábado 29 de marzo de 11:00 a 12:00 da mañá. Lembra reservar a túa praza a partir do luns 24 ás 16:00 horas. Podes apuntarte no mostrador de préstamo ou chamando ao 981 382 173.

Esta actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás persoas adultas que vos queiran acompañar (só unha persoa adulta por cada neno/a). 

Xa podes ver as fotos aquí.