Concurso "Portadas de libros"

domingo, 19 de Abril de 2020

Participa no concurso #PortadasdelibrosBPN

Este ano non podemos celebrar o Día internacional do libro como adoitamos facer, con múltiples actividades presenciais para todo tipo de público.

Porén, aínda atopamos maneiras de conmemorar esta gran data de xeito virtual. Unha delas é a participación na lectura conxunta de A vaca que puxo un ovo. Outra é concurso #PortadasdelibrosBPN.

Participar neste concurso é moi sinxelo, só tes que colgar na túa conta de Instagram entre o luns 20 e o domingo 26 de abril unha imaxe que recolla a cuberta dun libro e a súa reprodución feita por ti cos medios que teñas na casa (como na imaxe que ilustra esta nova).

 

É imprescindible:

  • que sigas a conta da biblioteca e a menciones(@bibliotecadenaron).
  • que engadas a etiqueta #PortadasdelibrosBPN.

O luns 27 de abril faremos revisión de todas as fotos que cumpran cos requisitos e votaremos á foto gañadora.

Podes consultar aquí as bases do concurso.

 

 

Etiquetas: 
concursos
Libros
Fotografía
Día internacional do libro