Coa música a outra parte

martes, 1 de Decembro de 2015

Minutos musicais para despedirnos

As persoas usuarias da biblioteca, sobre todo as que utilizan a sala de lectura, véñennos demandando dende fai tempo algún tipo de sinal acústico que lles avise da hora de peche da biblioteca.

Dende hoxe, 1 de decembro, distintas pezas musicais soarán nos últimos minutos de apertura (tanto pola mañá como pola tarde) para anunciar aos usuarios/as a hora de peche.

Cada semana soará unha peza diferente e procuraremos que estea representada unha gran variedade de estilos musicais. 

Esperamos que vos guste esta iniciativa e animámosvos a facer suxerencias para escoitar as vosas cancións favoritas ao final de cada xornada!

 

 

Etiquetas: 
Música
Audicións
Coa música a outra parte