Club de lectura da Biblioteca Provincial da Coruña

xoves, 7 de Febreiro de 2019

Un novo club de lectura en liña para os usuarios e usuarias das bibliotecas públicas da provincia da Coruña

A Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña pon a disposición dos usuarios das bibliotecas da provincia un Club de lectura en liña. A partir do vindeiro martes 12 de febreiro poderedes formar parte do EbibliodaCoruna Club Lector.

 

Que é?

EbibiodaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas en galego e castelán tendo en conta a actualidade, intereses e gustos das persoas participantes.

É  un club de lectura virtual aberto as 24 horas no que pode participar calquera persoa usuaria do servizo de préstamo dixital EbiblioDaCoruna.

 

Como funciona?

O club de lectura divídese en dúas salas:

  •  Arredor dos libros, dedicada a escritores e escritoras galegos/as.
  • Compartiendo lecturas, na que se percorren libros actuais de temática variada en castelán.

Os clubs están moderados por unha persoa cualificada con moitos anos de experiencia moderando clubs de lectura e impartindo clases de español e galego. Os clubs de lectura teñen ademáis o soporte do persoal técnico da Biblioteca da Deputación.

A programación das lecturas no club para os vindeiros meses é a seguinte:

Arredor dos libros:

  • Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas. Comeza o 12 de febreiro.
  • A memoria da choiva, de Pedro Feijoo. Comeza o 16 de abril.
  • Insolación, de Emilia Pardo Bazán. Comeza o 11 de xuño.

Compartiendo lecturas:

  • Los pacientes del doctor García, de Almudena Grandes. Comeza 28 de febreiro.
  • Poesía reunida, de Ida Vitale. Comeza 4 de abril.
  • La uruguaya, de Pedro Mairal. Comeza 28 de maio.
 
Quen pode participar?

Calquera persoa usuaria da EbiblioDaCoruna (o servizo de préstamo dixital da Biblioteca da Deputación).

Para acceder só é preciso cumprir os seguintes requerimentos:

 
Como unirse a un club e participar?

Unha vez que a persoa interesada se identifica no apartado Iniciar sesión, xa pode comezar a seguir calquera dos dous clubs, premendo en Seguir.

Na pestana Información aparece a programación do club para os vindeiros meses e unhas breves indicacións de uso.

Na pestana Lecturas pódese tomar en préstamo o libro, que estará dispoñible a partir do mesmo día en que comeza o club.

Nas pestanas Foro, Chat e Citas pódese contestar ás conversas que abre a persoa moderadora, chatear co resto de participantes no club e compartir e comentar as nosas frases favoritas do libro.

 
Onde atopar información?

Toda a información necesaria para participar no club pode atoparse:

  • Na páxina web da Biblioteca da Deputacion provincial da Coruña: www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado EbiblioDaCoruna Club Lector.
  • Por correo electrónico ao enderezo biblioteca.info@dacoruna.gal 
  • Por teléfono no número  981 080 176
  • De maneira presencial: na sala de Préstamo e Información no primeiro andar da Biblioteca en Riego de Agua 37, A Coruña.

 

 

Etiquetas: 
Club de lectura
Deputación Provincial
Ebibliodacoruna