Club de lectura

mércores, 12 de Setembro de 2018

Retomamos as sesións do Club de lectura para persoas adultas

Tras o descanso estival, o programa Biblioespazo 2018 retoma as sesións do Club de lectura para adultos/as.

Como novidade para este novo “curso”, as xuntanzas celebraranse unha vez ao mes e non de maneira quincenal como se viña facendo ata o de agora.

A Biblioteca de Galicia seguirá proporcionando os libros escollidos para ler cada mes, polo que a actividade non supón gasto algún para as persoas participantes.

 

Xa temos as datas e os horarios para as xuntanzas deste trimestre, que serán:

  • Martes 16 de outubro de 19:00 a 20:30.
  • Martes 13 de novembro de 19:00 a 20:30.
  • Martes 11 de decembro de 19:00 a 20:30.

INSCRICIÓNS:

A partir do luns 17 de setembro ás 9:30 horas.

A reserva da praza pode facerse de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

A partir dese mesmo día as persoas que obteñan praza poderán retirar en préstamo a primeira das lecturas escollidas.

 

 

 

Etiquetas: 
Club de lectura
Biblioespazo 2018