Cine xuvenil en galego

luns, 20 de Maio de 2013

O Xoves 23 de maio ás 18:00 horas e dentro dos actos de conmemoración do Día das Letras Galegas, proxectaremos na biblioteca a película “Enrugas”.

“Enrugas” é unha largometraxe de Ignacio Ferreras baseada historieta co mesmo título de Paco Roca (Premio Nacional de Banda Deseñada 2008). Narra a amizade entre dous homes recluidos nun xeriátrico, un deles aqueixado de Alzheimer.
Foi galardonada con numerosos premios nacionais e internacionais, entre eles dous Premios Goya á mellor película de animación e ao mellor guión adaptado.
Á entrada á proxección é de balde. A actividade está orientada a mozos e mozas a partir de 12 anos.