Catálogo de literatura erótica

luns, 10 de Decembro de 2012

Durante este ano 2012 asistimos ao grande éxito editorial da saga “Cincuenta sombras”, triloxía de novela erótica da autora británica E.L. James.

As tres novelas que compoñen a serie suman 31 millóns de exemplares vendidos en todo o mundo dende o ano pasado e os nosos lectores/as non son alleos a este fenómeno.

 A saga encabeza dende xuño (data da súa publicación en español) a lista dos libros máis emprestados e con máis lista de espera na nosa biblioteca.

Podemos afirmar que as aventuras de Christian Grey e Anastasia Steel puxeron de moda este ano a temática erótica.

Para todos aqueles que aínda estades agardando o turno de empréstito, para os que vos chama a atención a temática, para aqueles que xa líchedes a triloxía e queredes ampliar lecturas… ofrecémosvos dentro de noso catálogo as seguintes novelas:

En castelán:

  • El amante / Robin Schone.
  • La atadura / Vanessa Duriès.
  • Besos oscuros / Laurell K. Hamilton.
  • Los cuadernos de don Rigoberto / Mario Vargas Llosa.
  • Las edades de Lulú / Almudena Grandes.
  • Historia de O / Pauline Réage.
  • Historia de una prostituta vienesa / Josefine Mutzenbacher.
  • La lanzadora de cuchillos / José Luis Muñoz.
  • La llave / Junichiro Tanizaki.
  • Memorias de una cantante alemana / Wilhelmine Schroeder-Devrient.
  • No te escondo nada / Sylvia Day.
  • Pubis de vello rojo / José Luis Muñoz.
  • Reflejada en ti / Sylvia Day.
  • Tu nombre escrito en el agua / Irene González Frei.
  • El vampiro de la calle Méjico / Vicente Molina Foix.
  • La vida sexual de Catherine M. / Catherine Millet.

En galego:

  • Anel de mel / Xulio L. Valcárcel.
  • Infidelicidades / M. Lourenzo González.
  • O lobo da xente / Alberte Momán.
  • Oralmente pola boca / Xosé Cid Cabido.
  • Organoloxía / Eva Moreda.
  • Xeografías / Francisco Castro.