Bicos con leite (Contacontos para bebés)

luns, 1 de Decembro de 2014

Este sábado 13 de decembro visítanos Charo Pita para ofrecer aos bebés entre 0 e 36 meses o seu espectáculo Bicos con leite, unha sesión de contos, cancións e sons onde os protagonistas son os animais e no que se introduce o tema da lactancia materna.

Haberá dúas sesións repartidas da seguinte maneira:

  • 11:00-11:30 para bebés entre 19 e 36 meses. 
  • 12:00-12:30 para bebés entre 0 e 18 meses.

Coma sempre, cada bebé poderá vir acompañado dunha única persoa adulta. Pódense reservar as prazas a partir do martes 9 de decembro ás 16:00 horas, na biblioteca ou chamando ao 981 382 173.

 

  • 0-18 meses: PRAZAS ESGOTADAS O MÉRCORES 10 ÁS 9:55.
  • 19-36 meses: PRAZAS ESGOTADAS O MARTES 9 ÁS 19.30

Como actividade paralela e complementaria exporemos durante esta semana unha selección de contos infantís e manuais de adultos sobre a lactancia materna.

Xa podes ver as fotos deste contacontos aquí.