Avós e avoas contacontos

xoves, 1 de Xullo de 2010

O día 26 de xullo celébrase de maneira non oficial o Día dos Avós.

A tradición cristiá celebra o día de San Xoaquín e Santa Ana, pais da Virxe María e polo tanto avós de Xesús.

Para destacar a importancia do papel dos avós e avoas na familia, na Biblioteca contamos coa axuda de catro persoas do Programa municipal de atención ás persoas maiores, que virán ofrecernos unha actividade de contacontos e cantacontos interxeracionais.

A sesión terá lugar o luns 26 de xullo de 11:30 a 12:30 da mañá na sala infantil da biblioteca. Ademáis poderedes atopar unha grande selección de contos nos que se tratan as relacións entre os avós e os netos e netas.

Estades todos convidados a participar nesta actividade tan enriquecedora!