4 de febreiro, Día mundial contra o cancro

martes, 4 de Febreiro de 2014

Dende o ano 2000, o día 4 de febreiro conmemórase o Día Mundial Contra o Cancro. Esta data foi instaurada para aumentar a concienciación e movilizar á sociedade a fin de poder avanzar na prevención e no control desta enfermidade.

Segundo a Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) “entre as enfermidades máis perigosas para o home, o cancro é unha das máis doadas de previr. 

Se puxeramos en práctica os coñecementos dispoñibles e promovésemos as accións eficaces para controlalo, esta aseveración podería facerse realidade en beneficio de todos”.

Dende a biblioteca ofrecémoste unha serie de variados materiais para que podas informarte máis sobre este tema.

Na sección infantil temos os contos:

  • Una flor de repuesto para mamá, de Rebeka Elizegi.
  • Bicos de sol, de Asun Estévez.
  • Mamá se va a la guerra, de Irene Aparici.
  • Tiempo para más cuentos, de Concha de la Hoz Fernández.

Na sección xuvenil atoparás as novelas:

  • Ás veces quero morrer coa risa, de Birgit Schlieper.
  • Todo vai ir ben , de Silvestre Gómez Xurso.

E xa na sección de adultos podes atopar:

Tratados de medicina como:

  • Anti Cáncer : una nueva forma de vida, de David Servan-Schreiber.
  • Cáncer, de Teresa Maraculla, Francisco Javier Ramos, Josep Tabernero.
  • Cáncer, el fin de un mito : historias reales de superación, de José Ramón Germà Lluch.
  • La medicina patas arriba : ¿ Y si Hamer tuviera razón? , de Giorgio Mambretti, e Jean Séraphin.
  • Que é o cancro? : unha resposta simplificada, deAvelino Senra Varela.

Libros de nutrición con receitas anti-cancro como:

  • Combatir el cáncer con una dieta adecuada : potencia tus defensas de forma natural , de Rosy Daniel.
  • Comer bien para combatir el cáncer : consejos útiles y recetas fáciles y prácticas, de Pilar Riobó e Sergi Arola.
  • La dieta contra el cáncer : cómo prevenir con una buena alimentación, de  Gianluca Bruttomesso e Daniele Razzoli.
  • Recetas con los alimentos contra el cáncer, de Richard Béliveau e Denis Gingras.

E tamén biografías  de persoas que superaron a enfermidade:

  • Cáncer, el fin de un mito : historias reales de superación, historias recollidas por José Ramón Germà Lluch.
  • Las cuentas de la felicidad : hay vida durante el cáncer, de Sandra Ibarra.