Xogamos a partida da igualdade

Data: 
xoves, 24 de Novembro de 2022
Lugar: 
Axencia de lectura municipal da Gándara

Sesións para xogar por equipos a xogos de mesa na Axencia de lectura da Gándara

Conmemoramos o Día para a eliminación da violencia contra as mulleres organizando dúas sesións de xogos de mesa por equipos que se van desenvolver na Axencia de lectura da Gándara.

Os xogos elexidos para esta ocasión son Iguales e El misterio de las mujeres invisibles, cuxo obxectivo é traballar os valores de igualdade de xénero e respecto entre os nenos e nenas.

A actividade organízase en dúas sesións:

Iguales:

O xoves 24 de novembro de 17:30 a 18:30 horas.

Para nenos e nenas a partir de 4 anos.

El misterio de las mujeres invisibles:

O venres 25 de novembro de 17:30 a 18:30 horas.

Para nenos e nenas a partir de 7 anos.

 

Para participar será necesario:

Ter o mínimo de idade requerida para cada unha das sesións e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.

Reservar praza a partir do luns 21 de novembro ás 16:00 horas de maneira presencial (na Biblioteca Central do Alto) ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.