Xogamos a partida da igualdade

Data: 
mércores, 9 de Marzo de 2022
Lugar: 
Axencia de lectura municipal da Gándara

Sesións para xogar por equipos a xogos de mesa na Axencia de lectura da Gándara

Entre as actividades coas que este ano celebramos dende as bibliotecas o 8M, Día internacional da muller temos dúas sesións de xogos de mesa por equipos que se van desenvolver na Axencia de lectura da Gándara.

Os xogos elexidos para esta ocasión son Iguales e El misterio de las mujeres invisibles, cuxo obxectivo é traballar os valores de igualdade de xénero e respecto entre os nenos e nenas.

A actividade organízase en dúas sesións:
1) Iguales:

• O mércores 9 de marzo de 17:30 a 18:30 horas.

• Para nenos e nenas a partir de 4 anos.

2) El misterio de las mujeres invisibles:

• O xoves 10 de marzo de 17:30 a 18:30 horas.

• Para nenos e nenas a partir de 7 anos.

 

Para participar será necesario:

► Ter o mínimo de idade requirida para cada unha das sesións e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.

► Reservar praza a partir do xoves 3 de marzo ás 16:00 horas de maneira presencial (na Biblioteca Central do Alto) ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.