As viaxes de Irene: Guatemala

Data: 
sábado, 11 de Decembro de 2021
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Un percorrido polo país da eterna primavera

A compañía Solidariedade Internacional de Galicia visitounos xa en dúas ocasións co seu proxecto Contos do mundo, unha proposta educativa que pretende achegar a nenas e nenos galegos a outras culturas e realidades diferentes para poñer en valor a riqueza cultural e fomentar unha mirada positiva cara o diferente.

O sábado 11 de decembro ás 11:00 recibimos de novo a esta compañía co seu espectáculo As viaxes de Irene, Guatemala, co que saberemos da cultura, das xentes e dos contos do país da eterna primavera.

Para participar nesta actividade:

► Os nenos e nenas teñen que ter catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.

► É imprescindible reservar praza a partir do xoves 9 de decembro ás 16:00 horas chamando ao 981382173 en horario de apertura (a biblioteca estará pechada por obras o xoves 9 e venres 10 pero atenderemos o teléfono igualmente).