Unha viaxe Mar adiante

Data: 
sábado, 19 de Maio de 2018
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Espectáculo familiar co que Caxoto Contacontos homenaxea a María Victoria Moreno, autora á que se lle adica o Día das letras galegas 2018

No marco das celebracións do Día das letras galegas, recibimos o sábado 19 de maio ás 11:00 horas a Caxoto Contacontos, que ven ofrecernos o seu espectáculo Unha viaxe Mar adiante.

Esta actuación multidisciplinar (contos, música, movemento...) levaranos de viaxe pola figura de María Victoria Moreno, a escritora á que se adica a este ano o Día das letras galegas.

Convidamos a todos os nenos e nenas a partir de 4 anos e ás súas familias a participar desta homenaxe. Coma sempre, as prazas son limitadas, polo que para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas.
  • É necesario reservar praza a partir do luns 14 de maio ás 16:00 horas. Podedes facelo no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

 

 

Outros eventos relacionados

08/05/2018
|
0 comentarios

Presentación do libro co que Ánxela Gracián fai un repaso pola vida e obra da autora homenaxeada no Día das letras galegas 2018.