Unha sorpresa para mamá

Data: 
sábado, 2 de Maio de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Obradoiro de confección dun agasallo para o Día da nai

ACTUALIZACIÓN: Xa podes ver as fotos na Galería

Como xa sabes, o domingo 3 de maio celébrase o Día da nai.

Queres vir á biblioteca para facerlle un regalo sorpresa á túa?

O sábado 2 de maio adicaremos unha hora (entre as 11:00 e as 12:00) a elaborar un agasallo para as mamás. Vai quedar tan bonito que terás que facer un esforzo enorme para aguantar sen darllo ata o día seguinte.

Para participar:

  • Tes que ter o carné da biblioteca.
  • Se tes menos de 6 anos deberás convencer a unha persoa adulta (que non sexa mamá, evidentemente) para que quede contigo a botarche unha man.
  • Deberás reservar praza a partir do luns 27 de abril ás 16:00 horas no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173