Un agasallo para papá

Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade para celebrar o Día do pai

O Día do pai xa está aí, e este ano temos preparada unha actividade moi bonita para homenaxear aos papás (ou outras persoas que exercen de pais) no seu día.

Que faremos?

1) Prepararemos un agasallo para os papás. Non nos vai levar máis que un chisquiño. Cada neno ou nena participante poderá escoller un momento entre o luns 14 e o xoves 17 de marzo entre as 17:00 e as 19:00 horas para preparalo.

2) Reuniremos a todos/as os/as participantes o venres 18 de marzo ás 18:00 horas para envolver os agasallos e escoitar uns contos que teñen de protagonistas aos papás.

Para participar:

  • Todos os nenos e nenas deben ter o carné da biblioteca.
  • Tedes que reservar praza a partir do luns 14 de marzo ás 9:30. Podedes facelo no mostrador ou chamando ao 981 382 173. Neste momento teredes que escoller tamén día e hora para vir facer o agasallo.