Terra á vista!!

Data: 
sábado, 26 de Febreiro de 2022
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Obradoiro de disfraces para nenos e nenas a partir de 4 anos

 

Xa temos o Entroido ás portas e queremos celebralo como ten que ser, transformándonos noutro personaxe a través dun disfrace. Para iso organizamos un obradoiro para os/as máis pequenos/as da casa co que nos mergullaremos nunha aventura de piratas. 

Na sesión escoitaremos historias de piratas e traballaremos con diferentes materiais para saír ataviados coma corsarios e corsarias. Xa só nos ha faltar un loro ao ombreiro!

Esta actividade terá lugar o sábado 26 de febreiro ás 11:00 da mañá e está dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos.

 

Para participar:

► As nenas e nenos teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.

► É necesario reservar praza a partir do martes 22 de febreiro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.