Seica!

Data: 
venres, 26 de Novembro de 2021
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos para público xuvenil e adulto

Entre os actos cos que a biblioteca conmemora o Día para a eliminación da violencia contra as mulleres temos un contacontos dirixido ao público xuvenil e adulto.

A contadora Lorena Alonso ofrécenos o seu espectáculo Seica, formado por historias, contos e faladurías recollidas na parroquia da narradora entre as veciñas e súa propia familia para traer ao presente a vida de tres mulleres: Saladina, Antonia e Rosalía.

Festas, bailes, abusos, supervivencia e moito amor fan desta contada unha sesión emotiva, divertida e reflexiva á que acompaña a pandeireta de Saladina, a avoa da narradora.

Esta sesión desenvolverase o venres 26 de novembro ás 19:30 horas na sala de actividades da planta sótano.

 

Para participar nesta actividade:

É necesario reservar praza a partir do luns 22 de novembro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.