Que morro! (Contacontos para adultos/as)

Data: 
venres, 30 de Outubro de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Unha sesión de contos sobre a morte na véspera do Samaín

Este venres ás 20:00 poderemos disfrutar dunha sesión de contacontos para público adulto. A través das historias que forman este espectáculo Caxoto Contacontos fará un repaso aos distintos significados que a morte ten na nosa cultura, de maneira que deixa de ser só unha inquedanza, un medo, ou un final para atopar novos e máis levadeiros sentidos.

A entrada a este espectáculo é de balde ata completar aforo.