Presentación de Me llamo Suleimán

Data: 
venres, 23 de Outubro de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

O venres 23 de outubro contaremos con Antonio Lozano, autor de Me llamo Suleimán, que ven á biblioteca para falarnos desta obra.

Durante estes días o Padroado de Cultura do Concello de Narón celebra a 33ª edición da Mostra de teatro infantil e xuvenil. 

Entre as obras que os nenos/as e mozos/as poderán disfrutar no Pazo da Cultura destaca Me llamo Suleimán, a adaptación teatral da obra homónima de Antonio Lozano. Esta novela aborda o drama da inmigración dende o relato en primeira persoa dun mozo malí que toma a decisión de abandonar o seu país na procura dun futuro mellor en Europa.

Aproveitamos a presenza do escritor canario no noso concello para brindar a oportunidade aos centros de secundaria de organizar un encontro co autor e o alumnado, visitas que se realizarán a vindeira semana.

Ademáis de estar presente na Mostra, a obra ofrécese ao público en xeral dentro da programación do Padroado de Cultura o vindeiro sábado 24 de outubro. É por iso que quixemos ofrecer tamén ao público adulto a oportunidade de escoitar a Antonio Lozano na biblioteca. A presentación de Me llamo Suleimán na biblioteca terá lugar o venres 23 de outubro ás 20:00 horas. A entrada é de balde ata completar aforo.

Deixámosvos aquí o enlace á ficha editorial do libro e ao vídeo de presentación da compañía teatral.