Opré Romá!

Data: 
sábado, 9 de Abril de 2022
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade infantil para celebrar o Día internacional do pobo xitano.

O sábado 9 de abril ás 11:00 da mañá festexaremos o Día do pobo xitano, que se celebra o 8 de abril, coa actividade multidisciplinar Opré Romá!

A través dunha serie de xogo os nenos e nenas coñecerán a orixe e as características da cultura xitana e as contribucións que o pobo xitano fixo á cultura e á historia xerais. Escoitaremos o himno xitano e cancións infantís cíngaras, debuxaremos a súa bandeira e escoitaremos un fermoso conto de amizade entre un neno campesiño e unha nena xitana.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné de rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 5 de abril ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.