Obradoiro de Nadal

Data: 
sábado, 18 de Decembro de 2021
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Elaboramos elementos decorativos para os vosos fogares

Un ano máis poñémonos creativas nesta época natalicia para ofrecer aos nenos e nenas un obradoiro no que elaborarán un elemento decorativo para os vosos fogares. Nesta ocasión crearemos unha grilanda para pendurar onde máis vos guste: como benvida na entrada, con máis protagonismo no salón, nos mobles da cocina…

O obradoiro terá lugar o sábado 18 de decembro ás 11:00 da mañá e está destinado a nenos e nenas a partir de 4 anos.

Para participar nesta actividade:

  • As nenas e nenos teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 14 de decembro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
  • É recomendable traer roupa que non vos importe manchar.